venres, 22 de setembro de 2017

Adicatorias de M.A.Prado para a nosa Biblioteca.

Xa temos expostos na bilioteca os fermosos debuxos cos que Miguel Anxo Prado nos adicou a súa "Mansión dos Pampín" e "Trazo de Xiz". 💚💚 Encantáronnos! 😊


Miguel Anxo Prado é un coñecido debuxante galego con proxección internacional, autor de banda deseñada e ilustrador de libros infantis e xuvenís como como "Cando o mar foi polo río", de Manuel María, "O centro do labirinto", de Agustín Fernández Paz ou "Bala perdida" de Manuel Rivas. Tamén o coñeceredes por ser o deseñador da mascota oficial do Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do elenco da serie de animación producida en Galicia Os vixilantes do camiño

Na biblioteca poderedes atopar estas e outras moitas obras súas, vide botar un ollo! 👀


martes, 19 de setembro de 2017

COMEZAMOS O NOVO CURSO 2017/2018

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a interpretación gráfica do lema anual.

A Xosé Tomás xa o coñecemos no Basanta por telo con nós na biblioteca o pasado curso. A súa experiencia como profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), centro que conta cunha biblioteca moi activa, sen dúbida está detrás da amplitude de posibilidades que imaxina na súa recreación gráfica.

Atender a biblioteca escolar do centro supón, para comezar, o reto de deseñar un espazo no que poidan pasar cousas. Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe. Seleccionar os materiais, organizar os recursos, facilitar o seu uso e organizar as actividades para a biblioteca escolar son tamén actuacións que, segundo o enfoque e o criterio co que se realice, poden facilitar ou dificultar esas aprendizaxes posibles.

Unha biblioteca escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.

xoves, 22 de xuño de 2017

UN RELATO DE DIESTE EN CURTA

Presentámosvos a curtametraxe Sobre a morte do Bieito, unha adaptación do relato homónimo de Rafael Dieste incluído na obra Dos arquivos do trasno. Esta actividade corresponde a unha das propostas de traballo voluntario para o terceiro trimestre feitas pola profesora de Lingua Galega ao alumnado de 1º de BAC. Dita proposta consistía na representación dun dos relatos desta obra de Dieste, que foi libro de lectura obrigatoria para eles. 

David Basanta, Manuel Debasa, Lara Pena e Manuel Vidal elixiron este coñecido relato e realizaron este magnífico traballo. Todo o mérito para eles!






sábado, 17 de xuño de 2017

VISITA DO FUTURO ALUMNADO DE 1º DE ESO

Ao igual que en anos anteriores, o noso centro foi visitado o día 8 de xuño polo alumnado de 6º de Primaria e as súas familias para aclimitarse a el. 

Coñeceron diversos aspectos do mesmo e as súas instalacións. Como ven sendo habitual, tamén estiveron na biblioteca:

 


PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA

"Hay Salida" é a campaña actual contra a violencia de xénero, lanzada polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

Acceso



martes, 13 de xuño de 2017

CENTENARIO DO NACEMENTO DE AUGUSTO ROA BASTOS


Augusto Roa Bastos (Asunción, 13 de xuño de 1917 - 26 de abril de 2005), narrador e poeta uruguaio, é considerado o escritor máis importante do século XX do seu país e un dos máis destacados da literatura hispanoamericana. As súas obras foron traducidas a máis de vinte e cinco idiomas.



"Lo más importante de su literatura fue su capacidad de abordar cuestiones tan profundas como las que trató con un lenguaje tan moderno, tan flexible." (Jorge Edwards, escritor chileno).



Varios dos seus poemas foron musicados. Un deles é o que escribiu e homenaxe a Julio Correa:




Roa Bastos tamén escribiu letras para cancións (Con las manos juntas, Amo a mi patria, Dulce tierra mía, Muchacha dorada, Viva la vida, viva el amor, Cholí, Los hombres, Arribeño, Sueño y realidad, Gallito de riña, Sombra del fuego, Tu sombra, Del regreso, Bracero golondrina e Donde la guaranía crece).





sábado, 3 de xuño de 2017

ALFÍN NA BIBLIOTECA II

O alumnado do Nivel I do PMAR realizou durante varias sesións lectivas un traballo de investigación relacionado coa unidade didáctica dedicada ás Forzas e o Movemento (Ámbito científico-matemático), usando as ferramentas informáticas da biblioteca.

Este é o resultado final:


Páxinas web empregadas:


"LEER TE DA VIDAS EXTRA"

O novo Plan de Fomento da Lectura 2017-2020, baixo o lema Ler dáche vidas extra, é unha das medidas contempladas no Plan Cultura 2020, e está dotado con 7,2 millóns de euros para este ano 2017.

Obxectivo
Este novo Plan ten como principal obxectivo o incremento da demanda lectora mediante a promoción, extensión e consolidación do hábito da lectura.




Liñas estratéxicas do Plan de Fomento da Lectura
O Plan de Fomento da Lectura configúrase como unha proposta aberta para que poidan seguir introducíndose novas medidas no futuro. Sen prexuízo diso, establécense unha serie de liñas que dotan de coherencia ás actuacións que leven a cabo:
  • Promoción dos hábitos lectores mediante ao apoio a eventos propiamente literarios. Outorgarase maior importancia á familia como transmisora do gusto pola lectura.
  • Impulso da lectura no ámbito educativo.
  • Reforzo do papel das bibliotecas no acceso á lectura.
  • Fortalecemento do sector do libro.
  • Fomento do respecto á propiedade intelectual.
  • Mellora das ferramentas de análise.

Impulso da lectura no ámbito educativo
A Lei 10/2007 sinala, no seu artigo 4.1., que "os plans de fomento da lectura considerarán a lectura como unha ferramenta básica para o exercicio do dereito á educación e á cultura". De acordo con este mandato, a segunda liña estratéxica do Plan engloba actuacións como as seguintes:
  • Consolidación da lectura como instrumento multidisciplinar
  • Formación dos/das docentes
  • Potenciación das bibliotecas escolares
  • Fomento da lectura en centros educativos:
    • Convocatoria de proxectos de boas prácticas e outros premios e concursos
    • Posta en marcha de proxectos de iniciación precoz á lectura
    • Programas de prevención e detección de dificultades de aprendizaxe na lectura
    • Creación e difusión de recursos didácticos para mellorar a comprensión lectora
    • Outras accións de fomento da lectura en centros de ensino primario e secundario

Envío de suxestións
A cidadanía pode enviar propostas a través dun formulario


Recursos descargables
(Vía: CCEOU)