venres, 25 de xaneiro de 2013

Presentación de Charlie.

  O pasado venres tivemos a reunión do Club de Lectura para presentar a novela Charlie e a fábrica de chocolate. Na presentación houbo chocolatinas para todos, pero só un atopou o cobizado billete dourado, aínda que todos poderán visitar a fábrica de Willy Wonka.
   Que sorte que teñen!!






 Jorge amósanos o seu prezado billete

Xente de aquí e de acolá.

  De novo presentámosvos un exalumno coñecido de todos. É o noso Marcos, que anda por esa feiras do mundo amosando o seu traballo. O outro día apareceu na prensa facendo unha demostración de talla na Feira do Nadal en Lugo. Esperamos que teñas moitos éxitos nesta andaina.

                                               
     Ladra fai demostracións de talla para promocionar a súa artesanía.

mércores, 23 de xaneiro de 2013

Noraboa, David e Miguel !

 Os institutos Basanta Silva de Vilalba e Pedregal de Irimia de Meira están de parabéns despois de que tres dos seus alumnos -dous vilalbeses e unha meirega- se atopen entre os 20 mellores estudantes de Galicia, que recibiron recentemente o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico do curso 2011-2012, concedido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 Miguel González Montes e David Novo Goiriz, de Vilalba, e Catara Rego Abraira, de Meira, xa destacaban nos seus centros educativos polas súas notas, xa que para concorrer ao exame desta bolsa había que contar cunha media mínima de nove neste ciclo.


                                                                                                
                                                                                                      David e Miguel

venres, 18 de xaneiro de 2013

AVISO IMPORTANTE !!

 A todos os Blade-Runner:

 Pasámosvos unha listaxe dos replicantes infiltrados no IES Basanta Silva. Gústalles a lectura, non queren morrer e o peor de todo fanse preguntasHai que retiralos sen dilación, son perigosos!!





venres, 11 de xaneiro de 2013

Cándido Pazó a escena

  O Departemento de Galego troúxonos o contacontos Cándido Pazó coas súas Historias vellas para xente nova. As risas producíronse no salon de actos o luns 17 de Decembro. E coma sempre tedes unha testemuña da súa tolemia e xenialidade coas fotos que vos deixamos.









Viaxando ao pasado da mao de Hugo...

  O pasado 20 de decembro tivo lugar o primeiro encontro das cabriñas de 1º e 2º da ESO,  para falar do libro e da película  La invención de Hugo. O resultado foi aplastante, máis do 80%  optou polo libro, ou sexa a cabra lectora impúxose á cabra cinéfila. Polo máis, puxémonos no lugar de Hugo e coma el vimos a Harold Lloyd colgarse do reloxo en  Safety Last ! e o cohete impactar no ollo da lúa en Viaxe á Lúa de Méliès. E coma el quedamos abraiados con estes magos dos soños...
  Deixámosvos coma sempre o video que dá fe do dito. Esperamos os vosos comentarios.