As bases do Premio establecen tres niveis de participación: 1º ciclo da ESO (1º e 2º), 2º ciclo da ESO (3º e 4º) e Bacharelato. As obras han de seren orixinais e inéditas e estaren redactadas en lingua galega. A extensión máxima non excederá os 50 versos.
As persoas que desexen participar poden enviar os seus textos ata o 30 de maio de 2015 e o fallo do concurso farase público o día 6 de xuño, mentres que a entrega dos premios terá lugar o día 12 do mesmo mes nun acto poético-musical na Casa-Museo Rosalía de Castro onde participarán os propios premiados e premiadas.
Os premios son, por cada categoría: o primeiro galardoado/a conseguirá un iPad 32GB e haberá dous áccesit: ao primeiro corresponderalle unha tarxeta de agasallo de El Corte Inglés de 200 euros e o segundo, o mesmo por un valor de 100 euros.