martes, 24 de xaneiro de 2017

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

A biblioteca e o Departamento de Educación Plástica e Visual organizan esta actividade, co gallo de conmemorar o Día da Ilustración, na que participará o alumnado de Cultura Audiovisual de 1º e 2º de Bacharelato. Será impartido por Xosé Tomás, pertencente ao grupo DIVERXE.



Este ilustrador, humorista gráfico, guionista e profesor de inglés de ensino secundario, gañou no 2010 xunto con Manuel Guisande o Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores ao mellor libro ilustrado do ano pola serie Rodribico. Nos anos 2012 e 2014 obtivo o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano. No 2013 foi galardondo xunto con María Solar co Premio Frei Martín Sarmiento ao mellor álbum ilustrado (Vou ter un irmán)

As súas obras e actividades son moi variadas: a ilustración infantil e xuvenil, a banda deseñada, a publicación de viñetas e humor gráfico en revistas e xornais, o cartelismo didáctico, a impartición de obradoiros de ilustración e banda deseñada, etc.

Velaquí tedes algunhas das súas ilustracións:


  

  

   



  
  
Aquí hai máis.


Nos anos que levo impartindo obradoiros de ilustración e banda deseñada por colexios e institutos, teño comprobado varias cousas: que a xente nova le moi pouco cómic (ou BD, ou historieta, ou...). Que ás veces os docentes temos un prexuízo inconsciente de que se trata dun xénero ‘menor’ (sen ter en conta que se trata dun medio de lectura complexa). E a constatación máis importante e preocupante é que o noso sistema educativo, e os currículos en xeral, non teñen moi en conta á imaxe coma un medio de expresión natural nos nenos e nenas. (Xosé Tomás) 




Ningún comentario:

Publicar un comentario