O Luns 29 tivo lugar a presentación da obra La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick na Biblioteca.
A actividade proposta para o curso xira en torno á anécdota que contaba R. Azcona de dúas cabras que comen nun estercoleiro, unha come un anaco de película e a outra pregúntalle:
- Gústache ?
Ao cal a primeira responde:
- Si, mais gustoume máis a novela.
Partindo desta anécdota, propónselles aos alumnos do club de lectura ler a novela citada e despois ver a película. Cal delas lles gustará máis?
Deixámosvos unhas fotos da devandita presentación cuxa protagonista foi a maxia...