venres, 25 de outubro de 2013

Agora toca Dickens...

  O próximo mércores día 30 terá lugar na biblioteca a reunión do club de lectura cos alumnos de 1ºESO. Desta volta tócanos ler "Canción de Nadal" de Charles Dickens. Seguro que disfrutaremos deste gran clásico, xa veredes...

martes, 22 de outubro de 2013

Salinger a escena

 Onte tivo lugar na biblioteca a presentación do libro de Salinger, O vixía no centeo, para 1º BAC, o éxito foi rotundo...


xoves, 17 de outubro de 2013

Comeza o Club de lectura.

  O próximo luns día 19 no recreo e na biblioteca, terá lugar a reunión de 1º de BAC.Presentarémosvos as novas actividades para este curso. E lembrade,OS LIBROS NON MORDEN.



martes, 8 de outubro de 2013

Comeza o curso, que lle imos facer!!!

  Comeza o curso, a biblio volve abrir as súas portas para todos vós. Pronto comezará o Club de lectura e esparámosvos aquí de novo. Mentres tanto déixovos unha foto,e con ela a seguinte pregunta:
 Cal é o mellor amigo do home?
 Ah, esquecíame!!! Xa estamos no facebook, co nome: Ies Basanta Silva. Aí vos quero ver!!