xoves, 29 de maio de 2014

Novos Graffitis

Seguen aparecendo graffitis polo insti, que nos animan á lectura...Todo o que poidas imaxinar é real.


xoves, 22 de maio de 2014

Dualial

Como gozamos do virtuosismo de Dualial, dúo formado por Paula Rouco e Marta Prado.



martes, 20 de maio de 2014

Actividades en Santabaia

  Os alumnos de 1º da ESO gozaron durante a xornada de onte dunha serie de actividades na parroquia de Santabaia, tendo como anfitrións aos Amigos da Liga Santaballesa. Camiñaron ata os lugares máis senlleiros da parroquia, Pena Grande, Pena Chantada e como non, visitaron a escola antiga e a recreación do pobado castrexo. Finalmente tiveron unha charla-coloquio co escritor Antonio Reigosa.Un día completiño.


xoves, 15 de maio de 2014

Barro en vivo

  Durante dous días tivemos connosco ao artesán ceramista Pablo Mazoy, co seu taller cerámico, onde os rapaces de terceiro puideron tornear e sentir o barro EN VIVOOOO!!!!


martes, 13 de maio de 2014

Escritos na Floresta

  Onte tivemos a oportunidade de escoitar ao noso compañeiro e profesor Ricardo Polín nunha charla sobre as Árbores literarias na paisaxe cultural da Terra Chá. Tamén se inaugurou a exposición Escritos na Floresta, que por suposto, podedes ver na sala de exposición do Basanta.



luns, 12 de maio de 2014

CLUB DE LECTURA
O pintor do sombrero de malvas, MARCOS CALVEIRO



Ao tempo que ledes esta novela que foi Premio Lazarillo no 2009, podedes entrar nos seguintes enlaces para ver a extensísima obra pictórica do pintor holandés Vincent Van Gogh (1863-1890). Este xenial pintor, coñecido como un dos grandes do postimpresionismo,  é quen protagoniza a historia, centrándose na súa última etapa, a que pasou en Auvers-sur-Oise, na Provenza francesa, onde o choque coa luz do sur o leva á conquista da cor.


Aínda que aparecen reproducións de moitas das súas obras desta etapa intercaladas na novela, non hai nada como velas coas cores coas que expresaba a súa forza.


Campo de trigo con corvos                                                                                                                    

                 

venres, 9 de maio de 2014

xoves, 8 de maio de 2014

Ride, ride

 Ontes os alumnos de 2º e 3º da ESO puideron disfrutar do espectáculo Ride, ride, a cargo do trio 3DTrans, dentro do programa do Maio Cultural. Estiveron fantásticas!!!


mércores, 7 de maio de 2014

Cine de cine

  Este xoves comeza o ciclo Cine de Cine dentro do programa do Maio Cultural, coa proxección da aclamada película The Artist. Non o esquezades, ás 20 horas no salón de actos do Basanta.
  Esperámosvos!!!



martes, 6 de maio de 2014

Maio Cultural

  O vento levántase, comeza o noso Maio Cultural. Esperamos que participedes e que disfrutedes como nunca...necesitamos da vosa acción!!!!