martes, 29 de setembro de 2015

OS LIBROS MÁIS TRADUCIDOS

Para celebrar o Día Mundial do Libro, que no Reino Unido e Irlanda se celebrou o día 5 de marzo de 2015, 7brands, unha empresa especializada en traducións, realizou unha recompilación dos 50 libros máis traducidos do mundo. 
Estes son algúns dos que podedes atopar na nosa biblioteca en varios idiomas e nos dous formatos (papel e electrónico).


 




domingo, 27 de setembro de 2015

V PREMIO NACIONAL DE CREACIÓN AVELINA LAMAS



Neste concurso convocado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín, poderá participar alumnado de ESO, Diversificación Curricular/Programas de mellora, FP Básica, 1º e 2º de Bacharelato.



As tres categorías son: marcapáxinas, portada dun libro e  poesía visual.                      


Ligazón ás bases do premio.




sábado, 26 de setembro de 2015

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas celébrase, desde 2001, o 26 de setembro de cada ano. O seu principal obxectivo é fomentar a aprendizaxe de idiomas en toda Europa.

xoves, 17 de setembro de 2015

CALENDARIO DA LECTURA DO MES DE SETEMBRO

En cada día do mes hai unha referencia relacionada co libro e a lectura (efeméride, dato biográfico, celebración, etc.).


ACOLLIDA AO ALUMNADO INMIGRANTE

Neste curso temos alumnado con diferentes linguas maternas: árabe, chinés, portugués e romanés.

As publicacións de Háblale en ... Mantén vivo tu idioma van dirixidas a eles e as súas familias.


Árabe



Chinés



Portugués



Romanés


BENVIDA MULTILINGÜE

Dende a biblioteca queremos que toda a comunidade escolar, especialmente, os procedentes doutros países sintan que o feito de poder expresarse e comunicarse noutros idiomas e unha gran riqueza.


BENVIDA Á BIBLIOTECA

Empezamos un novo curso co cartel de Fran Bueno e o lema da campaña anual de bibliotecas escolares da CCEOU: Biblioteca escolar, base de exploracións.
Agardamos poder compartir experiencias con vós.